Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Amoeiro
Parroquia: Cornoces (SanMartiño)
Lugar: Bubeiras - Sabuxe
Outra denominación do ben: Capela das Candelas
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Capela de planta rectangular, con peche de cachotería de pedra, e pórtico con cuberta na entrada apoiada sobre dúas columnas de pedra de labra tosca.
A porta é alintelada, e a cuberta a tres augas, de tella curva, e con cruz de pedra no cumio. Conta con pequenas xanelas ou ventás tanto na fronte como nos laterais.
Coñécese como Capela de San Estevo ou das Candelas, por gardarse alí ambas imaxes, esta última románica de pedra, sentada dentro dun camarín igualmente de pedra dunha soa peza, co Neno no colo e ten a lenda ERA CLII (Foto2).
Esta capela anteriormente foi a igrexa parroquial, tendo un adro arredor que servía de camposanto. Ata hai pouco por alí aínda seguía algunha lápida.
Atópase preto de Santabaia, a 200m do casal abandoado de Sabuxe, nunha fragosa carballeira.

Fotos: Silvia Pinha


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMOEIRO/documents/26234ca105.pdf (P.8)

http://www.calameo.com/read/00123855662d272ad2a0e

http://sociedadmino.files.wordpress.com/2009/10/catalogo-san-martino-2009.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4195004511
Lonxitude: -7.97116845846
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84