
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Allaríz
Parroquia: Allariz (Santiago)
Lugar: Vilanova - Allariz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A Igrexa de Santa María de Vilanova é románica de finais do século XII, iniciada cara a 1180 e relacionada coa Orde de Malta ou de S.Xoán de Xerusalén, que tiveron recinto propio amurado, orde relixiosa católica nacida na época das cruzadas.
Presenta unha nave de planta e capela única. O tramo do presbiterio é abovedado e no interior do retablo barroco pódese ver unha imaxe da Nosa Señora de Vilanova, copatroa con San Bieito da vila de Allariz.
No seu interior presenta unha nave única onde destaca o arco triunfal así como o presbiterio que conserva toda a pureza primixenia, cuberto por unha bóveda de canón, debemos destacar o barroco retablo maior e as follas barrocas (s. XVIII) da porta lateral sur, coas súas tallas, inscricións e ferraxes.
Car o exterior presenta unha portada sur románica, organizada con esveltas arquivoltas de ferradura, sendo de destacar tamén as ventás e o rosetón, datado todo iso a finais do século XII. A súa fachada moi reformada presenta unha espadana e pináculos de transición ao gótico.
No paramento de división co presbiterio, encontramos o rosetón. Decorado con elementos xa coñecidos, como o bocel, os arquiños de ferradura e as pinzas, de fonda raíz mateana. No exterior, o aro do rosetón decorado con unha liña en zig-zag que perfila como triángulos, motivo xa tardío no noso románico.
A igrexa de Vilanova sufre diversas reformas que afectan a súa primitiva fábrica románica.
A principios do s. XVII, por disposición testamentaria de Juán Gómez de Frieira, eríxese a capela de San Antonio, adosada ó muro sur e derribada en 1807.
A mediados do s. XIX lévanse a cabo outra serie de actuacións que afectan de maneira más seria a súa estrutura inicial. Reconstruíuse o muro norte, conservando a ventá románica e sobre todo, actuase sobre a fachada, construíndose a espadana (1852) de dous corpos, o primeiro de campás (bendicidas e colocadas en 1853) e o segundo oco, con pináculos nos laterais e rematada no cumio con unha cruz.
Sufriu varias vicisitudes ó largo da historia, como a deplorable actuación das tropas francesas a principios de 1809, durante a guerra de Independencia, como consecuencia desapareceron esnaquizadas e queimadas as imaxes da Virxe existentes, entre elas unha do s. XII, outra gótica do s. XIV e unha talla da escola castelá do s. XVI, regalo del conde de Benavente, ademais de descubrir e roubar as xoias da Virxe.
A igrexa de Vilanova, consagrada en 1140, pola súa relación ca orden de Malta, pertenceu a encomenda de Quiroga, ata a desaparición das xurisdicións eclesiásticas exentas en 1873. En 1874 incorporase como parroquia da diocese de Ourense.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://caminoallariz.com/web/lugares/iglesia-santa-maria-vilanova


http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Igrexa_de_Santa_Mar%C3%ADa_de_Vilanova_(Allariz-Ourense)_(6993742369).jpg
http://www.peirao.com/documento_ver.php?id_tema=13566&id_documento=18529
•Xose Puga Brau, Os Xudeos de Allariz, págs 22-27
•Angel del Castillo, Inventario Monumental y Artistico de Galicia, Fundación Pedro Barrie de la Maza, 1987, pag. 19
•Jaime Cobreros, El Románico en España, Guías Periplo, 1993, pags. 732-733
•Jaime Cobreros, Guía del Románico en España. De la A a la Z, Anaya Touring Group, 2005, pags. 471-472
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.191902999Lonxitude: -7.80266940594
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84



620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




