Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: Fragamoreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro con plataforma de planta cadrada con dous chanzos, estando o primeiro moi elevado sobre o chairo, de feito asemella que falta un. O pedestal de forma cúbica amosa arestas redondeadas e unha inscrición na cara do anverso que hoxe en día non é lexible.

O varal é de planta cadrada no seu comezo pasa a ser octogonal. Amosa un santiño na súa parte media que viste hábito monacal e porta un libro na súa man dereita. Non é identificable o atributo na man esquerda.
O capitel é unha interpretación do estilo composto no que as follas de acanto redúcense a un relevo de follas xeométricas. Ten presentes os querubíns entre as volutas e caveira sobre tibias baixo o Cristo. O plinto está moi traballado polo miúdo nunha sucesión de finas molduras.

Cruz latina con arestas rebaixadas excepto nos remates. Cristo no anverso con coidada e estudada musculatura e piedade no reverso.

Nas súas liñas xerais é cuspidiño ao cruceiro do Casal de Mendo, tamén con moitas semellanzas estilísticas co cruceiro de cabaleiro, ámbolos dous na veciña parroquia de Campañó en Pontevedra. Amosa pequenas diferencias con respecto ao de Casal de Mendo como as dobreces da túnica da virxe. Neste son verticais e mais lineais mentres que no de Campañó son horizontais e máis en ‘S’ que lembra a escultura gótica.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. “Cruces, cruceiros e petos do concello de Poio”. Mos: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía, 2007. ISBN: 978-84-87-904-57-8. Páx. 123-124.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4558084849
Lonxitude: -8.67304086685
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84