Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: Rúa Orgodomonte 18
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de planta cadrada con dous chanzos. O pedestal amosa as arestas superiores rebaixadas e dous epígrafes: pola beira do anverso:

1709 HE(?)ED
PEDRO SERTA

e polo lateral dereito:

ETO
I

O primeiro terzo do varal é de planta cadrada, rematando esta sección en volutas na esquinas. Nas caras desta sección se amosan os instrumentos da Paixón de Cristo, escaleiras no anverso e látego no reverso, estando os cravos a man esquerda (mirando de fronte ao cruceiro) e as tenazas a man dereita. O resto do varal é cilíndrico e ten un santiño na súa altura media: San Antonio Abade (viste hábito portando báculo e libro de Constitucións).

Capitel con volutas nas esquinas e querubíns na parte central. O plinto está moi detallado con unha moldura. Neste caso a caveira sobre tibias colocouse no laretal esquerdo nalgún desmonte.

A cruz e latina amosando, no anverso, un Cristo de tres cravos, pano de pureza amarrado por unha soga co nó a esquerda. Toda la figura e os membros do Cristo permanecen pegados a Cruz. Hai un estudio anatómico detallado.

No reverso, atopamos a Virxe en actitude orante cuberta por un amplo manto.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. “Cruces, cruceiros e petos do Concello de Poio”. Mos: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía, 2007. ISBN: 978-84-87-904-57-8. Páx. 98-100.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4504817731
Lonxitude: -8.6778742075
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84