Outra fotografía:
Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Foz
Parroquia: San Martiño de Mondoñedo (San Martiño)
Lugar: O Caritel
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Templo datado entre os séculos IX e XII, ainda que as suas origens som anteriores e estám ligadas com a existência do antigo “monasterium Maximi” ou “mosteiro de Máximo” e provavelmente com os assentamentos de cristaos bretons nesta zona do norte da Galiza. Durante aproximadamente dous séculos foi sé das dioceses de Dumio e de Bretonha, até que em 1122 a rainha Orraca ordenou deslocar a sé episcopal para Vilamaior, hoje Mondonhedo, no concelho homónimo. Após esta translaçom, os antigos frades de Sam Martinho de Mondonhedo fôrom substituídos por cóengos regulares de Sam Agostinho que permanecêrom no priorato até 1534, ano em que foi agregado à catedral de Mondonhedo.
Em 2007 obtivo o reconhecimento oficial como basílica. Pouco depois, nas obras de restauraçom a que foi submetida a basílica em 2008, encontrárom-se umhas pinturas murais, datadas no século XII e consideradas os frescos románicos mais antigos da Galiza.
Na atualidade, para além de seguir a funcionar como igreja parroquial, acolhe também o Museu Parroquial de Sam Martinho de Mondonhedo, onde se podem admirar peças como o sartego, o báculo episcopal e o anel de ouro do bispo Sam Gonçalo, a quem se lhe atribui o milagre de afundir umha frota de piratas normandos com os seus reços.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
No entorno da basílica existem crenças e práticas rituais relacionadas com os poderes mágicos das águas. Salienta sobretodo a Fonte da Zapata, situada a uns metros do templo. Segundo a lenda, o bispo Sam Gonçalo, num momento de seca, arrebolou a sua sapatilha e no lugar onde caiu abrolhou umha fonte santa.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
García Tato, Isidro (2006): “San Martiño de Mondoñedo durante la Edad Media: génesis y evolución histórica”, Valín Valdés, M. et alii (coords.): Xornadas de Estudos Medievais da Mariña Central (Alfoz, 2004). O Mariscal Pardo de Cela e o seu tempo. I Xornadas de Estudos Medievais da Mariña Central. Lugo: Deputación Provincial de Lugo, pp. 318-346
“Cando as lendas se volven realidade: o Bispo Santo e o refuxio de San Martiño”, en Capítulo 0. http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2011/02/20/cando-as-lendas-se-volven-realidade-o-bispo-santo-e-o-refuxio-de-mondonedo/
“O mundo máxico da auga en san Martiño de Mondoñedo”, Xoán Ramón Fernández Pacios en “Terra e Tempo”.
http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=615&seccion=13
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.561052243329456Lonxitude: -7.3032742738723755
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Mai 18, 2016
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria investirá arredor de 200.000 euros na apertura dun Centro de Interpretación neste ben. A noticia na prensa escrita do 16 de maio de 2016:
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/cultura-destina-200-000-euros-conxunto-monumental-san-martino-foz/idEdicion-2016-05-16/idNoticia-997501/
http://elprogreso.galiciae.com/gl/noticia/545182/la-xunta-invertira-200000-euros-en-un-centro-de-interpretacion-para-la-iglesia-de-san
Oscar Franco says:
Feb 23, 2017
Noticia do 20 de febreiro de 2017:
http://galiciae.com/gl/noticia/665055/mas-de-70000-firmas-piden-que-la-iglesia-de-san-martino-de-foz-sea-patrimonio-de-la