
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Mos
Parroquia: Guizán (Santa María)
Lugar: AS Sobráns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Igrexa construída no século XII, aínda que a súa forma primitiva foi bastante modificada nas distintas reformas que sufriu, sobre todo na ábsida e na fachada occidental. Posúe unha inscrición que di: “III.K.NOVER” (A transcrición sería- “Era mil doucentos trinta terceiras calendas de novembro” (30 de outubro de 1192) que sinala o ano de 1192 como data de construción.
Consta dunha soa nave rectangular e ábsida tamén rectangular.
Conserva integramente a nave do século XII pero a ábsida orixinal foi demolida para construír a actual no s. XVIII. Algunhas das pezas románicas da mesma foron trasladadas ao Museo arqueolóxico de Pontevedra, onde se conservan alí depositadas, como os capiteis. A fachada occidental, reformada no s. XVIII, conserva a súa portada románica composta por dúas arquivoltas con baquetóns entre medias canas que repousan en columnas de fustes monolíticos con capiteis de dobre orde de follas rematadas as súas puntas en bólas. O lintel que soporta o tímpano é produto das obras de restauración levadas a cabo nos anos corenta do século pasado, e prolonga os ábacos dos capiteis. O anterior estaba partido e sobrecargado cunha parede de cascote. O tímpano é actualmente adovelado e componse de seis círculos que perforan a pedra, que están rematados por once estrelas de seis puntas inscritas en círculos, motivo ornamental que se repite moito nesta igrexa. Enriba da porta hai unha ventá, seguramente transformada no s. XVIII, de derrame exterior, con orelleiras.
A fachada remata cunha moldura en gola con adorno final en voluta onde comeza a base da espadana. Nos extremos hai pináculos de prisma cadrado. A espadana presenta un primeiro corpo de dous ocos que remata nunha cornixa con adorno de outro oco, sen campá, rematado en semicírculo.
Destaca tamén no conxunto o aleiro da fachada sur que se apoia en dezasete canecillos historiados, todos eles ben traballados e a gran maioría con representacións humanas.
No paramento norte tamén ten as cobixas en chafrán. Posúe 18 canzorros, formados en proa e nacela. Conserva dúas seteiras con derrame interno. Baixo unha delas está a porta lateral alintelada.
No interior o máis destacable é esta ventá, formada por unha arquivolta de medio punto e con aresta viva, que se apoia en dúas columnas.
Dentro da igrexa destacan dous retablos. O principal é do s. XVIII.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
ftp://pxom.mos.es/7.-20TOMO%20VII_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20ELEMENTOS%20A%20PROTEXER/CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20ELEMENTOS%20PROTEXIDOS.pdf (Ficha A_047)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MOS/documents/0836CA001.pdf (Páxina 2)
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/guizan.pdf
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=25912&ctre=31&volverFicha=true
BIBLIOGRAFÍA
Torrado Gándara, Lorena (2016). “El obispado de Tui en la Edad Media: sus iglesias románicas”. Tese de doutorado USC. (en liña)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2188636246Lonxitude: -8.61938396774
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




