
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Corcubión
Parroquia: San Marcos de Corcubión
Lugar: Corcubión
Outra denominación do ben: Batería do Cardeal
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A ría de Corcubión era e é un magnífico fondeadeiro, defendíase dende tres puntos: o “Castelo do Cardeal” en Olveira- Corcubión, o “Castelo do Príncipe”, na Ameixenda- Cee e o “Castelo de san Carlos” en Fisterra, aínda que se propuxeron outros dous máis nas puntas de “Espiño” e do “Agro” que non chegaron a facerse. Os dous primeiros ó igual que o de Camariñas comezaran en 1740 e continuarían en 1751 con plano de Llovet e Marín. Este Castelo do “Cardeal” é o máis grande da Ría de Corcubión tendo capacidade pra 17 canóns. Responde tamén á sempre mencionada tipoloxía, deseñada por Llovet; pero neste caso, con doble hornabeque o coroa, foso e entradapolo baluarte central.
É destacabel a súa gran praza, formad por un longo edificio en forma de U, abrindo cara a btería.Ten dúas garitas pouco labradas e de planta circular nos ángulos saíntes. O seu estado de conservación é moi bó, aínda que xa non conserva o foso pola parte do hornabeque, e perdeu parte dos seus elementos formais da función militar na súa adaptación a finca de recreo. A vista xeral dende terra é moi difícil, debido o arbolado que o cingue, e aínda dende o mar necesítase certa altura pra comproba-la importancia da súa fábrica.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
RODRIGUEZ-VILLASANTE PRIETO, J.A.: «Las defensas de Galicia», Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1984.
SORALUCE BLOND J.R.: «Castillos y fortificaciones de Galicia. La arquitectura militar de los siglos XVI-XVIII». A Coruña, 1985.
TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», libro inédito pero inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no 2007,2008 e 2009.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.92978229902008Lonxitude: -9.18483853340149
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Set 8, 2017
Malia ser considerado Ben de Interese Cultural, este castelo, xunto ao castelo do Príncipe (http://patrimoniogalego.net/index.php/5770/2011/09/castelo-do-principe/) foi vendido. A nova é do 5 de setembro de 2017:
http://www.gciencia.com/historias-gc/venda-castelos-corcubion-millons-de-euros/