Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Mos
Parroquia: Mos (Santa Baia)
Lugar: Rúa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

O templo actual, de finais do XVI aínda que moi modificado, foi mandado construir polo Señor de Mos Alonso de Quirós e Soutomaior. Posúe nave rectangular cunha pequena capela no lado Norte.
A fachada principal presenta no centro o corpo da torre adiantado, co porta de arco oxival. Aos lados dúas ventás de derrame externo e con arco de medio punto. A torre ten base cadrada e ascende sobre a cuberta. Unha cornixa superior dá paso ao corpo de campás, de catro vans con arcos de medio punto lisos e con adorno superior. Péchanse con varanda de tres pés cada van. Outra cornixa superior sostén a media esfera que fai de cúpula cos catro pináculos extremos distintos entre eles. Remátase cunha cruz de pedra.

Nos paramentos Norte e Sur conserva os contrafortes de apoio dos arcos realizados na reforma da década de 1780, e pódese apreciar o aumento de altura que se lle deu nese momento. Tamén conservan dúas ventás por cada lado con dobre derrame, moi pronunciado pola parte interior aproveitanto ata parte da bóveda. No paramento Norte, centrada polos contrafortes e baixo a ventá, hai outra porta de entrada, adornada por varias molduras que forman orelleiras superiores e inferiores. Dando continuidade, a forma de fachada principal, sobre a ventá está entre molduras superiores o escudo de D. Alonso de Quirós e Sotomaior. Rómpese a cornixa do tellado para colocar unha pequena espadana, sen campá, formada por dúas columnas molduradas que sosteñen un arco de medio punto con adornos e ramate en pináculo de bola.

No interior, baixo a bóveda de canón, destacan os retablos barrocos, así como os frescos que aínda hoxe se poden distinguir sobre as paredes e bóvedas. Tamén destacan as diferentes imaxes, entre elas Santa Baia, Santa Marta, San Cibrán, …


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O interior alberga dous sepulcros. No da dereita atópase D. Gabriel Sarmiento de Sotomayor( primero Marqués de Mos nombrado polo rei Carlos II de España o 6 de novembro de 1686) e que faleceu no 1706 en Gundián – Petán); os seus restos foron trasladados a esta igrexa en 1720.
O segundo sepulcro conserva unha decoración polícroma que podería corresponder ao escudo do marquesado. Posúe tamén unha estela na que se pode ler a seguinte inscrición: “Aquí está don Gabriel Sarmiento de Quirós Marqués de Mos y gentil hombre de la cámara de su majestad que disfruta de dios falleció en julio en el año de 1706”. Xunto a eel atópase a súa dona María Bernarda de Alsacia Arember, primeira marquesa de Mos, que faleceu no ano 1729.


Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa dixital do 20 de xullo e do 15 de novembro de 2022 anuncia os traballos de restauración da igrexa que deixará ver os sepulcros dos primeros marqueses de Mos e a rehabilitación do presbiterio (ver referencias bibliográficas).


Referencias bibliográficas:

ftp://pxom.mos.es/7.-20TOMO%20VII_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20ELEMENTOS%20A%20PROTEXER/CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20ELEMENTOS%20PROTEXIDOS.pdf (Ficha A_029)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MOS/documents/0836CA001.pdf (Páxina 3)
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/mos.pdf
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/mos/stabaia.html

TRABALLOS DE RESTAURACIÓN XULLO E NOVEMBRO DE 2022
https://www.farodevigo.es/comarcas/2022/07/20/tumbas-primeros-marqueses-mos-prebisterio-68518185.html
https://www.farodevigo.es/comarcas/2022/11/15/mos-visto-bueno-patrimonio-limpiar-78569965.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2039033114
Lonxitude: -8.60549747944
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84