Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vigo
Parroquia: Bembrive (Santiago)
Lugar: Mosteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Igrexa de estilo románico de transición construida hacia finais do século XII-principios do XIII.
Consta dunha soa nave e ábsida decagonal, de forma semicircular por dentro e pentagonal por fora. A nave está dividida en tramos por dous arcos transversais apoiados sobre semicolumnas adosadas. O arco triunfal é de directriz apuntada ao igual que o secundario e ambos apoian sobre semicolumnas. O presbiterio cúbrese con bóveda de canón mentras o polígono no que termina a ábsida o fai con bóveda de cascarón.
O templo posúe 2 portas laterais (unha de elas tapiada) e unha na fachada principal, de arquivoltas lixeiramente apuntadas sobre columnas acodilladas nas xambas. A meridional é adintelada e nela destacan os restos dunha figura gravada na pedra onde se representa un animal enredandonse sobre unhas ramas. A septentrional atópase sobre una portada ben elaborada gardada por dúas columnas lisas e engalanadas con dous capiteles, un de ramas entrelazadas e outra con follas en forma de espiral. Estas sosteñen un arco apuntado dunha reforma gótica. Sen embargo aínda se poden apreciar os pequenos bloques adosados en época posterior que utilizaron para formar os arcos apuntados. A porta principal está formada por dous pares de columnas, as do exterior lisas e as interiores son entorchadas con capiteis de figuras animais e vegetais.

Tamén conserva un variado repertorio de canzorros que representan figuras antropomorfas e vegetais. Entre algúns dos canzorros se aprecian hexafolios dentro dun círculo con botón central.

No interior podemos ver 3 tramos divididos por semicolumnas adosadas con capiteis vexetais, fuste liso y basa de perfil ático, un arco triunfal apuntado rodeado de arquivoltas decoradas con rosetas e follas lanceoladas. O tramo recto está cuberto por unha bóveda de medio canón lixeiramente apuntada, mentras que a ábsida posúe bóveda de cuarto de esfera.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha AR.03.001 – páxina 35)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca017.pdf (Páxina 9)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=3678&ctre=31
http://xosecounhago.com/?p=17
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/VIGO/santiagodebembrive.html
http://romanicohispania.blogspot.com.es/2013/09/romanico-en-vigo-iisantiago-de-bembrive.html

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA.”Glaucopis. BOLETÍN DO INSTITUTO DE ESTUDIOS VIGUESES “GLAUCOPIS”. INSTITUTO DE ESTUDIOS VIGUESES. 1995

Torrado Gándara, Lorena (2016). “El obispado de Tui en la Edad Media: sus iglesias románicas”. Tese de doutorado USC. (en liña)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2039372223
Lonxitude: -8.68681669235
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84