Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe, Pazo / Casa Grande,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (San Bartolomeu)
Lugar: Praza do Teucro
Outra denominación do ben: Pazo dos Gago Mendoza, Pazo dos Montenegro
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificio de planta rectangular con patio interior, ten planta baixa e dous andares. A porta principal remata en arco de medio punto. Na fachada, o edificio ten cinco fiestras balconeiras en cada andar. As fachadas rematan nunha moldura simple de cuarto de bocel que da comezo a un teitume de tellas a duas augas.

A casa foi edificada no século XVI por Antonio Féliz Tavares de Tavora aínda que sufriu diversas modificacións ao longo do tempo. Amosa un total de 11 escudos heráldicos, dous no patio interior, dous na fachada, unha facendo esquina e outros seis polo lateral na rúa Princesa. Destaca o gran escudo chamado dos Gago-Montenegro na fachada principal, que é, ademais, o maior na cidade de Pontevedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FONTOIRA SURÍS, Rafael. “Pontevedra Monumental”. Ed. Deputación de Pontevedra. Pontevedra 2009. ISBN: 978-84-8457-327-2. Páxina 446.

MESSIA DE LA CERDA Y PITA, Luis F. “Heráldica. Escudos de armas labrados en piedra existentes en la zona monumental de Pontevedra”. Diputación de Pontevedra, 1989. ISBN: 84-86845-22-X. Páxinas 190-233.

“Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da Provincia de Pontevedra. Catálogo: Inventario de Patrimonio Cultural” Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/PONPA004.pdf

“Escudo dos Montenegro” Patrimonio Galego, 10-06-2013. Dispoñible en: http://patrimoniogalego.net/index.php/45424/2013/06/escudo-dos-gago-montenegro/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4329813384
Lonxitude: -8.64554286003
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84