Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Campañó (San Pedro)
Lugar: Casal de Mendo, EP-0017 km.2
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Manancial natural cuberto de lique e fentos. Saíndo da charca, hai un rego profundamente labrado na rocha.

A fonte está ligada a lendas sobre mouras que xa documentou Rodríguez Fraiz en 1961, que no seu artigo sobre as cruces de Campañó, no que falaba de mozas que se lavan e peitean os seus cabelos con peites de ouro, mentres coidan unha galiña de doce pitos que se achegan a beber a fonte, que endexamais ninguén puido capturar por descoñeceres a forma de desencantala e que ao romper o sol vólven a confundirse novamente coa auga, esperando ao feliz mortal que os libere.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Seica na mañá da noite de San Xoán, unha moura de loira cabeleira peitéase cun peite de ouro namentres coida dunha galiña con doce pitos, todos eles tamén de ouro, que se achegaban a fonte para beber dela. Ninguén foi quen de atrapalos pois ninguén coñecía a forma de desencantalos. Ao saír o sol, volvían a confundirse coa auga. Disque  os mozos  da parroquia achegábanse as agochadas para espreitar á moura. Disque, tamén, a xente achegábase a medianoite, para curarse das súas infirmidades e polas mañás eran as mozas as que se achegaban para lavarse nas súas augas para conservar a beleza. Seica un día ao atardecer, andaba unha rapaza coas ovellas preto da ponte. Nisto que , sen que puidera ver de onde viñera, apareceu unha fermosa moza loira que le preguntou

¿Son túas estas ovellas?-.

Ao que a rapaza contestou -Sí, señora. Son da casa.

¿E logo?, que están a facer os da túa casa -seguiu a moza.

Están cocendo.

E non poderías ir a túa casa e traerme un anaco de pan quentiño.

Eu íalle, pero non podo deixar as ovella soas.

As ovellas cóidochas eu pero ,mira unha cousa, non lle podes contar isto a ninguén– díxolle a moza.

E efectivamente, a rapaza foi a súa casa e colleu un bo anaco de pan do forno e gardouno no peto do mandil. Cando ía saír de volta viuna a súa nai que lle preguntou que facía na casa. Inocentemente, a rapaza contoulle a súa conversa coa moura ao que a nai respondeu:

Rapaza, non me tiñas que contar nada, ¿non che o pediu así a señora?. Agora cando volvas xa non a vas atopar e perderás o tesouro que che ía dar a cambio do anaco de pan.

E así foi que cando a rapaza voltou a onde estaban as ovellas, xa non había ninguén. E por máis que buscou non mirou a moza loira, pero si atopou un peite de ouro, coa que a rapaza peiteaba os  seus cabelos loiros.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FRAIZ RODRÍGUEZ, Antonio. “Cruces y cruceros de Campañó”. El Museo de Pontevedra, 1961. Nº 15. ISSN 0210-7791. Páx. 21

“Planos Específicos de Infraestruturas nas parroquias do Concello de Pontevedra. Mapa de Campañó”. Concello de Pontevedra, maio 2013. [Consulta: 2014-02-04]. Dispoñible en: http://www.pontevedra.eu/todo/pub/Campano_A0.pdf

LIGAZÓNS WEB:
“Para escoitar: A lenda da Fonte da Moura” O Recanto de Campañó, 16-11-2008 [Consulta: 17-02-2014]. Dispoñible en: http://www.blogoteca.com/o_recanto/index.php?cod=49842


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4563463354
Lonxitude: -8.66514477164
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84