
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Alba (Santa María)
Lugar: A Devesa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de planta rectangular de tres chanzos, estando o primeiro e o segundo parcialmente cubertos polo asfaltado da rúa. Pedestal de arestas superiores rebaixadas.
Varal cilíndrico, coa base de planta cadrada. As caras planas semellan que amosaban noutro tempo os instrumentos da paixón. Aínda se aprecian as volutas nos remates das cara, aínda que moi erosionados.
O capitel amosa unhas volutas moi sobresaintes. Non hai follas de acanto. Os querubíns aparecen entre as volutas superpoñéndose ao plinto. Cruz, sen imaxes, de arestas rebaixadas rematadas en botóns.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“Planos específicos de infraestruturas do Concello de Pontevedra. Alba” Concello de Pontevedra, 10/2013 [Consulta 08-02-2014]. Dispoñible en: http://www.pontevedra.eu/todo/pub/Alba_A0.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Os chanzos están febles e reforzados con cementos na súas unións. En boca dunha veciña:… “hai que arrombalos mellor”.
Onde está localizado
Latitude: 42.4886817356Lonxitude: -8.65789711475
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




