Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Alba (Santa María)
Lugar: San Caetano
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela de cabeceira de planta cadrada e teitume a catro augas en tella e rematada nun pináculo. A planta da nave principal é lixeiramente máis estreita e de planta rectangular, rematada nun tellado a dúas augas con dous pináculos nos extremos da fachada e coroada por unha cruz. No lateral esquerdo posúe unha pequena espadana con dúas campás. Unha porta pola beira esquerda.

Na fachada, porta alintelada, presidida por unha pequena imaxe policromada de San Caetano. Enriba, un gran escudo heráldico. A beira dereita, nunha xanela, outra imaxe de San Caetano en granito sen policromar e unha caixa en metal para limosnas. No adro, e parcialmente cuberta pola estrada, atopamos a plataforma e pedestal con relevo dun cruceiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

“Catálogo de edificacións e elementos a conservar da cidade e do rural″ Diario Oficial de Galicia, 24-05-1994. Nº 98. [Conculta 14-02-2014] Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/9008NO002.pdf

“Planos específicos de infraestruturas do Concello de Pontevedra. Alba” Concello de Pontevedra, 10/2013 [Consulta 08-02-2014]. Dispoñible en: http://www.pontevedra.eu/todo/pub/Alba_A0.pdf

LIGAZÓNS WEB:
“Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da Provincia de Pontevedra. Catálogo: Inventario de Patrimonio Cultural” Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/PONPA004.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4681399558
Lonxitude: -8.64804267883
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84