Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Alba (Santa María)
Lugar: Pontecabras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro no interior dunha propiedade particular, agochado detrás dun muro alto e pegada a unha vivenda. Actualmente, amosa unha plataforma cadrada da que só e visible un chanzo. Pedestal cúbico de arestas redondeadas. Varal cilíndrico que no seu último tramo anchéase facendo a vez de capitel. Neste capitel asimilado amosa unha fisura onde foi reforzado cunha cinta de metal para evitar o seu desprendemento.

A cruz latina, amosa, da outra beira do camiño, un cristo crucificado, co corpo pegado a cruz e brazos paralelos aos brazos da cruz, mans pechadas, cabeza sen coroa de espiñas, mirando a fronte con cabeleira lisa que lle cae sobre o seu ombreiro dereito, barba recortada e fina, pano de pureza curto amarrado a súa beira esquerda e pés cravados, un sobre o outro directamente sobre o pao da cruz.

Pola beira do camiño, vemos unha piedade que na súa execución e composición lembra moito a piedade do cruceiro de Soutonovo, na veciña parroquia de Campañó. Ten unha labra rudimentaria aínda que amosa pequenos detalles. A composición está inscrita nun diamante delimitado polo propio manto da Virxe que lle chega aos pés que se apoian nun querubín. O rostro da virxe é un ovalo xeométrico onde se labraron os ollos e o nariz. Sustenta o corpo de Cristo no seu regazo, coa súa man esquerda sustenta a cabeza namentres que a dereita pásaa por enriba do corpo para amarrala a súa cadeira. O corpo de Cristo e proporcionalmente máis pequeno. As extremidades son curvas e sen articulacións, separadas entre si e do corpo, nas que se poden ver a fendeduras dos cravos nas mans e nos pés.

Xa en 1908, Enrique Campo fixo un debuxo¹ deste cruceiro situado nun espazo aberto, no que se poden apreciar os tres chanzos da plataforma coas pedras algo descolocadas, e o máis importante un santiño sobre o baseamento. O santiño non amosa unha figura que vista pantalón e camisa, e dicir non leva túnica, e a que lle falta a cabeza e a súa man dereita, e que leva da man a un neno. Este conxunto vai sobre una peana. Este mesmo santiño volveu a descrito por Castelao nun debuxo². Hoxe en día o Santiño xa non está.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Aínda que hoxe está nun terreo pechado por un muro, os veciños falan de que no seu día non había tal muro e que a xente que pasaba polo camiño podíase achegar ao cruceiro. Tamén describen unha plataforma de tres chanzos non soterrados. Ddin que  un matrimonio do lugar, cando eran mozos,  tiñan costume de sentarse ao pé do cruceiro a  ‘namorar’. Isto debeu ser na década dos cincuenta.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

¹Catálogo da Exposición “Enrique Campo” Pontevedra: Deputación de Pontevedra, 1989. ISBN: 84-86845-28-9. páx: 97.

²Rodríguez Castelao, Alfonso. “As Cruces de Pedra na Galiza” (Edic. facsimilar) Vigo: Editorial Galaxia, 2008. ISBN: 978-84-7154-470-4. Lámina XLI e XV.

“Planos específicos de infraestruturas do Concello de Pontevedra. Alba” Concello de Pontevedra, 10/2013 [Consulta 08-02-2014]. Dispoñible en: http://www.pontevedra.eu/todo/pub/Alba_A0.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4572273609
Lonxitude: -8.64405959845
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84