![](https://patrimoniogalego.net/wp-content/files_mf/cache/th_d9631e1bf83dbd91a546ee14ac2a0255_lavadoiro_de_aris.jpg)
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: Arís
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O lavadoiro en cantería de granito, consta dunha soa pía con follas corridas por tres das súas beiras, sendo a derradeira vertical onde desemboca un cano de auga abastecido pola fonte que está a carón. O lavadoiro ten unha cuberta plana pintada de vermello sustentada por seis piares de formigón. A carón do conxunto está a fonte labrada en granito e remate en arco de medio punto con cano de metal, que verte a auga nunha pía cun desaguadoiro que alimenta o lavadoiro. Hai un muro baixo separando o espazo da fonte do lavadoiro, tamén en granito, ao que se lle engadiron remates en granito pulido de feitura recente.
O conxunto atópase na praza de Arís a carón do cruceiro. Como se pode ver na foto xa sufríu danos ao maniobrar grandes vehículos a carón del.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4543222916Lonxitude: -8.68711173534
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84