
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Mos
Parroquia: Mos (Santa Baia)
Lugar: Rúa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O pazo, construído entre os anos 1710-20, foi residencia da familia dos marqueses de Mos ata que un incendio e as invasións francesas o destrozaron case totalmente. É unha construcción en tres alturas e un ático na pranta este. A súa estrutura, en forma de “L”, foi feita en dúas fases: primeiro a pranta do este e posteriormente a pranta do norte, tendo unha superficie construída de aproximadamente 1.160 m2.
Posúe tres fachadas e un testeiro semienterrado dos seis lados que pecha a planta, dos cales é importante salientar tres balcóns de granito labrados e dúas chemineas rematadas en esfera. Cabe destacar o escudo da Casa de Mos que aparece na fachada, e que no século XIX da orixe ao actual emblema municipal.
Xa no século XX, é despois de anos de abandono, o edificio pasou por diferentes donos (Frigoríficos do Louro e Grupo Coren) e usos, entre eles un matadeiro. Unos años despois, Coren cedeuno aos veciños.
O pazo foi reconstruído na primeira década do século XXI e hoxe en día é a sede da Fundación Pazo de Mos, composta pola AVV Santa Baia de Mos e a Comunidade de Montes de dita parroquia. Asemade, é a sede do Cículo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos.
Ao seu carón pasaba unha antiga calzada romana que unía Bracara Augusta con Tui e Santiago. O lugar é tamén paso de peregrinos que camiñan ata Compostela.
Atendendo á historia do Pazo, a documentación atopada sinala que o Coto de Mos pertenceu á poderosa Casa de Soutomaior, unha das máis ilustres da nobreza galaica, a cal exercía alí o seu señorío. O fillo primoxénito de Pedro Álvarez de Soutomaior (Madruga), chamado Álvaro, foi desherdado polo seu pai, pero apoderouse da Casa. Tras varios acontecementos históricos ligados a esta familia (fuxida de Don Álvaro ao veciño Reino de Portugal e as conspiracións artelladas na súa contra), veu a parar esta propiedade a súa neta Dª. María de Soutomaior. A relación directa de descendentes chegou até Don Gabriel de Quirós, que foi Deputado Xeral de Galiza e Xentilhome de Carlos II, e por este monarca, agraciado en 1686 co título de Marqués de Mos. Por carencia de descendentes directos, sorde o sétimo Marqués de Mos que foi Don Fernando Quiñones de León e Elduayen, en quen ser reuniron os de Mos e Valadares. O actual posuidor deste título é Don Mariano Pérez e Pérez de Castro. O título de Mos ten a Grandeza de España de 1776, mercé concedida ao cuarto marqués, en atención aos servizos prestados á patria polos seus antecesores. No escudo conservado na súa fachada móstranse os apelidos, de notábel importancia histórica na comarca: Soutomaior, Sarmiento, Quirós, Ozores, Moscoso, Leirós, etc.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: EquipamentoInfraestruturaOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
ftp://pxom.mos.es/7.-20TOMO%20VII_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20ELEMENTOS%20A%20PROTEXER/CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20ELEMENTOS%20PROTEXIDOS.pdf (Ficha A_028)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MOS/documents/0836CA001.pdf (Páxina 3)
http://www.mos.es/o-pazo-de-mos/
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=7330&ctre=36&volverFicha=true
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/mos/pazomos.html
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/03/05/0003_7569118.htm
BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. INVENTARIO PAZOS Y TORRES. TOMO 3. LOURIÑA Y BAJO MIÑO. Tomo 3 . Ed. Asociación Amigos de los Pazos. 1975.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2041074937Lonxitude: -8.60615730286
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




