Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Xunqueira de Espadanedo
Parroquia: Xunqueira de Espadanedo (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Trátase dun pozo de máis de dous metros de profundidade e uns sete de diámetro que se empregaba como lugar de almacenamento, conservación e distribución de neve endurecida.
Amoreábase nestas estruturas de pedra (con dúas partes diferenciadas: o pozo e a cuberta) en capas de 20-50 cm de espesor, alternadas con outras de fentos e piornos, endurecéndoa con pisadas. A neve recollíase por varios homes, arrastrándoa ladeira abaixo ou transportándoa en capazos ata o pozo. Para facilita-la súa conservación ata a época estival, procurábase o seu illamento do fondo, dispoñendo unha rede de drenaxe, tallada na pedra.
A localización desta “casa da neve” está xustificada pola súa situación nunha montaña por riba dos 1100 metros, onde nevaba abundantemente e, por outra banda, sitúase estratexicamente nun lugar de paso entre a Ribeira Sacra e o Val do Medo: unha área de gran concentración de mosteiros, con toda probabilidade os propietarios desta instalación.
Dende mediados do século XVI e no XVII popularizáronse os beneficios do consumo do xeo natural, sobre todo entre as clases privilexiadas, xerándose a construción de neveiras en gran parte da xeografía hispana.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A vexetación do lugar está a asulaga-la estrutura, de tal xeito que xa case só se pode localizar grazas á presenza dun cartel explicativo. As árbores e fentos que agroman dos seus muros poden axudar ó seu derrubamento.


Onde está localizado

Latitude: 42.35023482559652
Lonxitude: -7.630627155303955
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84