Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: A Bola
Parroquia: Podentes (Santa María)
Lugar: Podentes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
O peto de ánimas estrutúrase nun só corpo e presenta dobre fachada provistas dos mesmos elementos arquitectónicos; o paramento composto de cadeirado regular, lábrase a dous planos proporcionando comedidos efectos claroscuristas.
As fornelas que nun principio eran independentes, agora aparecen unidas polo interior, e que se proxectan en arcos escarzanos subliñados con molduras planas, concedendo un belo desenvolvemento ás repisas, ornamentadas con motivo de sogueado e gallonado.
Remata con cornixa decorada baixo o aleiro con denticulado; culmina a arquitectura con sinxela cruz latina apeada sobre pedestal cúbico, que descansa á súa vez nunha avolutada base sobre plataforma e pináculos laterais.
A data do monumento aparece dobremente inscrita no cornixamento, así como lendas desenvolvidas en ambas as dúas caras de baséa, referidas á súa advocación e alusorias ás ánimas: CORAZON/SANTO DE LA VIRGEN MARÍA. ACORDA/OS/DE/NOSOTRAS/MIS ERMANOS. AÑO DE 1881.
Atopámolo en cruce de camiños no pobo de Podentes a pouca distancia da Igrexa parroquial de Santa María de Podentes.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.concelloabola.es/planxeral/Memorias/M_Ordenacion/Tomo_III/M_Catalogo.pdf (P.122)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1596457221Lonxitude: -7.8967666626
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Xan 14, 2015
Unha referencia bibliográfica deste peto:
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. IR INDO, 1998
Oscar Franco says:
Abr 12, 2024
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html