Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos
Lugar: Baños de San Xurxo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Muíño situado uns cen metros do balneario de San Xusto, na beira esquerda do río Lérez. Colle as súas augas do río por medio dunha canle común que comparte cos muíños de Riba e do Medio, poucos metros máis baixo, mediante un desvío da devandita canle que leva a auga ao canleiro. Non ten cubo, polo que é un muíño de canle.

A construción é de planta rectangular sendo os seus lados máis longos paralelos ao río. A porta se atopa polo lado sur, mentres que a canle de entrada pola norte, estando a boca de inferno pola beira oeste mirando ao río. No interior conserva o pé e a moa así coma un beiril de pedra delimitando o tremiñado. Nunha esquina ao carón da porta, hai unha mora incrustada na parede a modo de pequena lareira.

O tellado é a unha auga, cara ao río, con penales de cantería.

Hai unha pequena pontella sobre o canal de abastecemento compartido moi próxima a porta de entrada.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

RAMIRO BARROS, Justo “Muíños de río das terras de Pontevedra” [Segunda edición] Deputación de Pontevedra, 2005. ISBN: 84-8457-225-0. Páx: 90.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Estado de abandono.


Onde está localizado

Latitude: 42.519208946
Lonxitude: -8.51464033127
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84