
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Bola
Parroquia: Berredo (Santa Baia)
Lugar: Santa Baia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Igrexa parroquial de Santa Baia de Berredo é dunha soa nave, planta rectangular, con presbiterio mais elevado que a nave, tendo cuberta de madeira a catro augas con tella plana, con pináculos de bolas nas esquinas. A nave ten a cuberta a dúas augas tamén en tella plana.
Polo lado sur ten adosada a sancristía de menor altura con cuberta a tres augas de tella plana.
Na fachada principal porta de entrada gorecida por arco de medio punto, sobre a que aparece un oco circular no frontón, tendo no cumio pináculos laterais e na cima espadana con dous ocos con sendas campás, de remate triángulo con pequeno oco circular e pequenos pináculos nos laterais, na cima pararraios.
Arredor ten ocos rectangulares, tanto na cara norte como na sur, ademais da sancristía.
Ten bóveda de canón corrido. Ao exterior a característica máis destacada é a sinxeleza.
No interior posúe un fermoso retablo realizado por Castro Canseco. Nas súas columnas salomónicas podemos observar a delicadeza do talle, moi típico do autor. No retablo podemos destacar as figuras de Santa Baia e San Miguel ao mesmo autor (Castro Canseco).
Nun dos extremos da sancristía temos que unha das lousas do chan que se corresponde cunha lápida mozárabe.
A igrexa encontrase rodeada polo camposanto, tendo un muro que o rodea por todos os lados excepto polo norte, onde se atopa a casa reitoral, con un gran canastro. Este muro conserva varios cruceiros que formaban un viacrucis, algún xa desapareceu.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.concelloabola.es/planxeral/Memorias/M_Ordenacion/Tomo_III/M_Catalogo.pdf (P.30)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1519586373Lonxitude: -7.91424930096
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84




620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




