Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos
Lugar: Baños de San Xurxo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Muíño de canle de planta rectangular feito en pedra de cantería e cachotería. Comparte canle de abastecemento cos muíños Novo e do Medio, situándose entre estes dous mencionados muíños.
Os seus lados mais longos corren paralelos ao río, estando a cabeza do muíño nun beira estreita mirando ao sur. Mirando cara a porta, atopamos na beira esquerda un pousadoiro e unha inscrición na xamba:
?PSO?PRM
PF AMO DE
1876
Presumimos que se corresponde coa data de construción do muíño. Pola beira norte, vemos unha bufarda vertical. No interior atopamos un pé coa súa moa e dividindo o espazo interior de forma transversal, un beiril de pedra cunha apertura no medio.
O teitume é a unha auga, e non conserva nin a carpintería nin as tellas. A boca de inferno atopase pola beira oeste, mirando ao río.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
RAMIRO BARROS, Justo “Muíños de río das terras de Pontevedra” [Segunda edición] Deputación de Pontevedra, 2005. ISBN: 84-8457-225-0. Páx: 90.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5189440376Lonxitude: -8.51465642452
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Ramiro says:
Xan 15, 2022
Agrupamento dos chamados moinhos do Rio. Lâmina do livro: Muíños de rio nas Terras de Pontevedra. Ramiro Barros Justo (1997).