
Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Tourón (Santa María)
Lugar: A Reigosa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Muíño de cubo cilíndrico de grandes aneis en pedra de cantería de granito, aínda que a súa altura supera levemente a altura máxima do edificio do muíño. O cubo está abastecido por unha canle feita por tramos dunha peza en cantería que salva o desnivel do terreo deica ao cubo grazas a un piar de cachotería. Antes, a canle sostense sobre un muro de cachotería desde que remato o rego que conecta coa mesma.
A escasos metros hai un pasadoiro formado por tres grandes penedos paralelepípedos.
Os muros do muíño son de boa cantería de granito. Rematadas nun tellado a unha auga con penales de cantería. Unha soa porta como único oco no muro agás a boca do inferno.
Recentemente foi restaurado, dotándolle dun novo tellado, aparello no tremiñado, rodicio de fundición e cintado en cemento dos muros.
Hoxe o muíño fica sen uso.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4034617657Lonxitude: -8.57878535986
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84