Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Boqueixón / Santiago (comarca)
Parroquia: Gastrar (Santa Mariña)
Lugar: Gastrar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro de Gastrar está situado nun outeiro do val que percorre o río Sanguiñeira, e presenta acusadas pendentes pola banda norte cara o seu leito. Ten unha altitude de 245 m. Rodéano montes de cumes que acadan os 300 m., e que o cinguen por todas as direccións. A 2 km. cara o noroeste está o castro de Carabán . A croa, de forma case circular, ten unha extensión de 1.5 hectáreas e uns 130 metros de diámetro, e conserva en bastante bo estado os parapetos que a rodean. Na banda norte e oeste chegan a acadar uns 8 metros de altura cara o exterior, pero quedando a ras con respecto ao chan da croa, que sería recheada con terra para facer terreo agrícola. Toda está zona ve reforzada a defensa polos grandes desniveis naturais que ten o outeiro cara o val. Na banda sur, no que debeu ser a entrada, aprécianse restos de muralla feita a base de cachotería., e que tamén continúa pola zona leste. Esta zona sería a máis feble para o sistema defensivo polo cal non se descartaría que tivera fosos, que a día de hoxe non se aprecian por estar o terreo fortemente achandado e utilizado para a agricultura. Dentro da croa hai unha pequena zona na que se pode apreciar máis pedra e que non foi traballado tan intensamente, e na que nace unha pequena carballeira.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15012002
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOQUEIXON/documents/27920ca001.PDF
pax.3
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOQUEIXON/documents/0077CA001.pdf
(pax 2 de 14)
Unha nova na prensa da limpeza do castro de Gastrar
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/07/21/2874186.shtml


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8469765066
Lonxitude: -8.42159986496
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84