Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos
Lugar: Baños de San Xurxo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Situado na carballeira de San Xusto, xusto enfronte da ermida.

Consta dunha plataforma de planta cadrada con catro chanzos. Pedestal de planta cadrada rematado nunha moldura, amosa retablos nas catro caras con representacións dos instrumentos da paixón. Pódense distinguir unha bolsa de moedas e látegos en dúas caras sendo as outras dúas de difícil interpretación.
O varal octogonal cun santiño no anverso sobre unha peaña. O santiño viste hábito e porta un libro e unha rama.
Capitel con volutas angulares e querubíns entre os mesmos non sendo no anverso onde atopamos unha caveira entre dúas tibias. Sobre o plinto curvo, érguese unha cruz latina de arestas ben definidas.

Non hai figura no reverso, non sendo no anverso no que atopamos un Cristo de catro cravos cos pés sobre un “supedaneum”. O corpo do Cristo está pegado a cruz e ten o amarrado o pano de pureza na súa beira dereita.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Fuentes Fuentes, José Luís. “La Romería de San Xusto en San Xurxo de Sacos”. Revista Gallaecia. Publicación del Departamento de Prehistoria y Arqueología. Facultad de Geografía e Historia. Universidad de Santiago de Compostela, 1976. P. 247.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.517295254
Lonxitude: -8.51032197475
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84