Outra fotografía:

Tipo de ben: Necrópole,
Concello: Ourense
Parroquia: Vilar de Astrés (Purísima Concepción)
Lugar: Liñar
Outra denominación do ben: Tumbas de Vilar de Astrés
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Necrópole altomedieval situada á beira dun antigo camiño que subía dende Reza Vella en dirección aos Chaos de Amoeiro, pasando por Vilar de Astrés, e que continuaba cara Iria Flavia e Lucus Augusti. Este camiño pasaba ao carón de unha capela prerrománica na zona de Reza Vella, hoxe desaparecida.
Está formada por catro tumbas antropomorfas perfectamente conservadas, escavadas na rocha con unha gran profundidade. Cada unha ten un rebaixe para a tampa de entre 8 e 10 cm. Algunha de estas tampas consérvase no museo arqueolóxico de Ourense.
Polas marcas existentes nas inmediacións, entendemos que en algún momento tivo algún tipo de construción ao seu carón, vémolas sobre todo nun penedo situado polo lado norte, puideran ser encaixes para unha cuberta.
Tamén se adiviñan restos de algunha outra tumba, pero a extracción de pedra para cantería destruíunas practicamente.
Foron atopadas polo doutor Cabaleiro (pai), que lle trasladou o achado a Xaquín Lorenzo, e este a Blanco Guerra e Taboada Chivite (Información de Xabier Moure).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OURENSE/documents/0455CA012.pdf (P.33)

http://picosacro.blogspot.com.es/2012/01/necropole-do-coto-de-san-mamede-vilar.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Estan totalmente olvidadas, e moi difícil chegar a elas. O camiño está cuberto de maleza.


Onde está localizado

Latitude: 42.3703802955
Lonxitude: -7.87842705846
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84