Outra fotografía:
Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Taboadela
Parroquia: Soutomaior (Santiago)
Lugar: Pazos de Soutomaior
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A casa de desenvolvemento arredor dun curral é a vivenda típica das agras noroccidentais de Galicia, polo que tamén se coñece co nome de casa coruñesa. Dá resposta a unha economía,
agraria e gandeira, que era a que ocupaba á práctica totalidade da poboación. A climatoloxía variable mais abondosamente chuviosa e os asentamentos agrupados son os elementos
que determinan a súa configuración: unha serie de construcións elementais que se dispoñen en numerosas combinacións de corpos achegados a un núcleo principal (a casa-vivenda).
Cada un destes corpos está dominado polo granito de diversas calidades e a tella curva ou árabe. O curral arredor do que se dispoñen as distintas construcións é de forma variable
(cuadrangular, rectangular. poligonal … ) e, polo xeral, está cercado cun valo de cachotes a media altura. No interior da parcela aséntanse os seguintes elementos:
a) “casa-vivenda con forno, este sitúase no andar terreo da edificación.
b) O alpendre-pallar: destinado a almacenar a forraxe no andar superior e a resgardar os apeiros de labranza no inferior.
e) O hórreo: unha construción de dous claros e tipoloxía mixta (pedra e madeira) no que almacenar o millo, os apeiros de labranza, etc, situase no exterior do recinto.
d) O curral ou poleiro: un recinto pechado constituído por unha pequena construción de cachotes cuberta por tela que se abre a un reducido patio cercado.
e) O pozo: construción destinada a obter auga para o consumo humano, tamén para a rega.
f) O patio: espazo aberto que acostuma a acoller á eira, unha construción de transformación de dimensións e conformacións variables, con chan de pedra ou terra.
g) A horta: espado de terra de pequenas dimensións, situado nos ángulos dos predios, nos que se cultivan leitugas, tomates, cebolas, repolos … para o autoconsumo.
h) O Pombal: construción adxectiva de planta circular que se dispón no centro do eido da casa reitoral, e que se atopa en moi mal estado de conservación.
Unha das principais singularidades da casa reitoral e a garita cuadrangular sustentada por unha ménsula de dúas pezas, que amosa unha das súas fachadas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TABOADELA/documents/26629CA007.pdf (P.10)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2386694613Lonxitude: -7.8484171629
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84