
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Baña / A Barcala (comarca)
Parroquia: A Baña (San Vicenzo)
Lugar: Castro, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O Castro, en fronte a igrexa de San Vicenzo, aproveita unha suave ladeira que pertence as últimas estribacións do Monte Agudo, dunha altura de 399 m., na súa caída ata o fondo do val regado polo río da Baña, antes de acabar confluíndo co río Suevos para formar o río Albariña, que morre no Tambre. A ladeira aséntase nunha zona chan que só amosa acusadas inclinacións pola banda do poñente que mira ao río e polo norte, mentres que polas demais zonas as terras atópanse a maior altitude. Conta cun recinto circular duns 80 metros de diámetro, rodeado por un rexo parapeto, agás na banda noroeste onde a construción dun cemiterio fendeu a muralla e adentrouse no interior da croa. Segundo X. Agrafoxo este parapeto e o maior dos castros situados no concello da Baña. Ten un grosor na parte alta de 4 m. e a súa maior altura interior está na banda do poñente con 10 m. No sur acada os 5 metros, e no norte, ao redor de 8 . Cinguido a esta defensa apréciase, na banda do poñente, un pequeno foso que se estende en dirección al sur pero que foi destruído pola estrada que une a Barcala coa Baña e polo cemiterio parroquial. A día de hoxe o castro esta cuberto por eucaliptos, piñeiros e vexetación.
Cara o norte a 350 m. está o Castrallón de Xasoso, catalogado coma un asentamento medieval con forma de mota, que tamén se pode ver na foto de pendentes da zona do castro.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA 15007001
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Agrafoxo, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra. Ed, Sementeira, 1992. ISBN 84-87848-02-8
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABANA/documents/0054CA008.pdf
(pax. 1 do pdf)
Plano de pendentes Lidar da zona
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0094A-0303.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9515225826Lonxitude: -8.76301288605
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






2 comentarios
elixiovieites says:
Mar 15, 2014
Plano de pendentes Lidar da zona
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0094A-0303.pdf
Oscar Franco says:
Ago 24, 2021
A prensa dixital do 18 de agosto de 2021 recolle a proposta da asociación de empresarios A Baña Emprende para por en valor este castro:
https://www.elcorreogallego.es/concellos/empresarios-baneses-van-a-recuperar-el-castro-local-MM8718493