
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Amoeiro
Parroquia: Amoeiro (Santa María)
Lugar: Amoeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Igrexa parroquial de Amoeiro, templo románico, con transformacións barrocas. Edificación de unha nave con muros de cantería de granito.
Na fachada principal porta alintelada, sobre esta ventá rectangular, dando paso a cornixa horizontal no centro, sobre a que se asenta a espadana, sendo curva nos laterais e tendo pináculos con bolas nos extremos.
Espadana sobre cornixa moldurada de dous corpos, o primeiro con dous arcos de medio punto e o segundo con un so arco e pináculos nos dous corpos. Remate con cruz de ferro sobre base de pedra.
Presbiterio mais elevado que a nave, con cuberta a catro augas e pináculos nas catro esquinase no cumio, sendo a nave a dúas augas.
No presbiterio, polo lado norte ten engadida a sancristia co cuberta a tres augas.
No lateral sur destaca a porta románica e en especial o seu tímpano, ten varias ventás rectangulares por esta cara.
Ó lado esquerdo da porta de entrada principal vemos unha lenda, trátase da inscrición fundacional da igrexa, nela vemos:
ERA M CC PRIDIE
K(a)L(endas) F(ebruarii) I(o)H(an)NES PRESBITER
FECIT DEDICACIONE
ECCL
Segundo Angel del Castillo pódese interpretar como: “En el año de 1162, el día antes de las calendas de febrero, hizo la dedicación (de esta iglesia) el presbítero Juan”.
Restos de esculturas da Virxe co neno, Cristo ca Cruz, Santiago, San Blas, Virxe do Carme, San Roque, San Caietano e San Antonio. Retablo lateral do Carme estípites (med. XVIII) e restos de pintura mural románica.
No ámbito da Orfebrería na cruz parroquial, árbo (s.XVI), pé(s.XIX), cáliz(s.XVI punzón de Santiago) cáliz liso (s.XVIII-XIX).
Está rodeada polo camposanto, no que se conserva unha zona dedicada para enterramento de nenos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-Apuntes pra o inventario do mobiliario litúrxico da dioceses de Ourense.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMOEIRO/documents/26234ca102.pdf (P.2)
http://www.amoeiro3d.com/listing/igrexa-de-amoeiro/
http://verbaescrita.blogspot.com.es/2011/08/ihnes-presbiter-fecit-dedicacione.html
http://www.realacademiagalega.org/imaxin-boletins-web/paxinas.do?id=340
http://www.realacademiagalega.org/imaxin-boletins-web/paxinas.do;jsessionid=045B3501E7302C7F2874AA49846C4FA4?id=340&d-447263-p=3
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4098290147Lonxitude: -7.95402646065
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84