Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Vilaselán (Santa María)
Lugar: O Morgullón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Este castro sitúase na parroquia de Vilaselán, no lugar coñecido como o Morgullón, moi perto da Illa Pancha, onde se atopa o faro de Ribadeo, a unha altura de 15-20 metros sobre o nivel do mar. O emprazamento deste castro é un pequeño saínte situado entre a Pasada da Insua no oeste e a praia das Rochas Brancas. Na parte norte, moi perto está o penedo da Insua, que nun pasado puido estar unido a costa. O castro ten unha boas defensa naturais, e por outra banda, conta con un lugar de boas posibilidades de recalada de embarcacións, xa que a enseada ofrece unha boa zona de abrigo (na foto pódense ver uns chanzos labrados na roca que baixan cara o mar). Esta característica dótao dunha posible funcionalidade relacionada coa pesca e co tráfico marítimo a pequena escala, pero atribúeselle unha posible relación co tráfico marítimo de grande cabotaxe dada a proximidade á ría de Ribadeo. No sector leste conta con defensas naturais ben conservadas, compostas por tres foxos paralelos duns 10 metros de profundidade. Os historiadores cren que neste castro puido aparecer a famosa diadema de Ribadeo, e segundo os veciños, empuñaduras de espadas, tellas e muiños de man. A foto secundaria da ficha é autoría de Humberto Palacios Pool (Mariña patrimonio)


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.5552974418
Lonxitude: -7.04918861389
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84