Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Cervantes
Parroquia: San Pedro de Cervantes/Dorna (Santa María)
Lugar: Chan de Lagares/Folgueiroa
Outra denominación do ben: Monte das Redondas
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Atópase preto dunha pista de terra, no Monte das Redondas, na Serra de Palmeán, nunha penichaira a 1.180 metros de altitude, entre as parroquias de San Pedro de Cervantes e de Dorna.
O primeiro túmulo ten unhas medidas aproximadas de 12 metros de diámetro e 1,5 de altura. Ten un cráter de violación pouco profundo do que sobresaen dous esteos de xisto. Non conserva a pedra cobertoira. Sobre a súa superficie hai unha laxe partida que debeu formar parte da cámara funeraria, ademais de varias pedras de xisto e cuarzo que corresponderían á coiraza pétrea. Polo oeste ten un profundo suco de seis metros de longo realizado por unha máquina que vai dende a base ata o cráter. O resto atópase moi estragado polas roturacións e posibles actuacións furtivas. Cuberto pola matogueira.
O segundo enterramento, a poucos metros do anterior, ten 12 metros de diámetro e unha altura aproximada de 0,90 centímetros. Do cono de violación, pouco profundo, sobresae un esteo de xisto. Non conserva a pedra cobertoira. Sobre a mámoa hai unha gran laxe que puido corresponder a un dos esteos fincados da cámara ou á tampa. Debido ás roturacións do terreo perdeu boa parte da masa tumular. Cuberta pola matogueira.
A mámoa nº 3 ten unhas medidas aproximadas de 17 metros de diámetro e unha altura de 1,5 metros. Foi cortada pola pista. O cono de violación que xa presentaba semella que foi reaberto. Sobre o túmulo e no corte realizado polo camiño vense abundantes pedras que puideron formar parte da coiraza que recubría o monumento. Cuberta pola matogueira.
A necrópole tiña un cuarto enterramento que foi totalmente destruído. En principio crin que se trataba dun pozo para unha mámoa que logo non se chegou a facer, mais ao examinar o lugar apréciase con claridade que si houbo un túmulo que foi, literalmente, arrasado. Pódense ver varias pedras de xisto e cuarzo que formarían parte da coiraza e o anaco dun esteo medio soterrado.
A necrópole, como amablemente me achegaron dende o Servizo de Patrimonio Cultural en Lugo, foi inventariada no ano 2007.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Chamoume poderosamente a atención que os veciños das aldeas próximas descoñeceran practicamente estas medorras, a primeira voz de alarma, que eu saiba, deuna hai anos un axente da Consellería do Medio Rural cando advertiu a un dos propietarios de que tivera coidado cos enterramentos ao roturar o terreo. Malia o suposto descoñecemento, no lugar existe o folclore da presenza dun tesouro.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mamoas-e-antas-de-galiza.html
http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/castros-do-concello-de-cervantes.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Como sinalo na descrición, as mámoas están moi afectadas polas roturacións do terreo e escavacións furtivas. Unha foi cortada por unha pista. Unha cuarta, simplemente, desapareceu. O feito xa foi comunicado ao Concello que está a confeccionar o PXOM.
Onde está localizado
Latitude: 42.8388424361Lonxitude: -7.00181007385
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84