Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Baldráns (Santiago)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular unida a unha capela maior tamén rectangular. A súa fachada principal presenta unha porta de entrada con arco de medio punto con sete grandes dovelas, óculo semicircular, e unha fiestra rectangular con pequeno derrame interno. A espadana central, sobre unha cornixa voada, é de dobre van. No 1º corpo ten dous ocos con arco de medio punto para as campás. Outra cornixa voada sustenta os pináculos piramidais extremos e no centro outro pequeño corpo cun oco similar sobre o que se coloca a cruz de remate. O tellado, a dúas augas, en lugar de pináculos, adórnase cunha pedra labrada colocada en esquinal cun adorno en forma de dous rulos nos extremos e convexa no exterior. Do adorno da parte sur ascéndese en curva ata a espadana. No lado norte ten os chanzos da escaleira.
A sancristía atópase adosada ao muro norte, sensiblemente máis baixa e cuberta con tellado a tres augas e con pináculos nos seus ángulos. A capela maior preséntase con Tellado a catro augas, con pináculos de bola nos extremos e cruz lateral no cumio.
O interior presenta o piso da nave de pedra, con bóveda en arco.

A construción deste templo data do século XVI. Pero no ano 1702, ante o mal estado que tiña sufriu unha remodelación. O único que se conserva oriNa Guerra da Independencia os exercitos franceses ocuparon esta parroquia e queimaron dous altares da súa igrexa parroquial,xinal é o corpo da fábrica.

Na Guerra da Independencia os exercitos franceses ocuparon esta parroquia e queimaron dous altares desta igrexa.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Nesta igrexa destaca a imaxe do patrón, situada no centro da nave, nunha fornela aberta no paramento, sobre unha base de pedra co relevo da cruz de Santiago e cun adorno superior con cunchas de vieira. É unha talla de madeira, seguramente de comezos do s. XVIII, que mostra a Santiago na Batalla de Clavijo, enarbolando a espada na man dereita e sostendo coa esquerda as bridas do cabalo branco, que levanta as patas dianteiras sobre medio corpo e a cabeza dos inimigos, que reflecten expresión de estupor e medo.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (Páxina 47)
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/baldrans.pdf
http://pdf.depontevedra.es/ga/103/fWauyaRccV.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0606006463
Lonxitude: -8.58985751867
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84