Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Caldelas de Tui (San Martiño)
Lugar: Os Baños
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Capela de planta basilical, dunha soa nave rectangular con bóveda de canón e tres arcos feixóns de medio punto sobre pilastras. Foi construída no ano 1912 e inaugurada no 1914 segundo unha placa de mármore que se atopa no interior que di o seguinte:
“ESTA CAPILLA FUE CONSTRUIDA Y EXORNADA POR LA PIEDED DE LOS CONCURRENTES A ESTE BALNEARIO Y OTROS DONANTES POR INICIATIVA Y DIRECCION DEL M. Itre. Sr. ARCEDIANO DE SANTIAGO D. LUCIANO FONTAN ILLÁS Y EL ABAD DE ESTA PARROQUIA D. MANUEL Mª. FERNANDEZ VAZQUEZ. SE FUNDAMENTÓ EN EL AÑO DE 1903 Y LA BENDIJO SOLEMNEMENTE EL EXCMO. Sr. OBISPO D. VALERIANO Mz. CONDE EL 28 DE JUNIO DE 1914.”
A fachada principal presenta apilastrados laterais que se adornan cun remate a modo de capiteis planos no apoio do tellado. A parte central adiántase sobre o resto do paramento como se fora soster unha torre de campás. Nela está a porta principal, de lintel recto a cebadado nas esquinas. Está acollida entre pilastras cadradas no exterior con capiteis de motivos florais, e semicolumnas no interior de capiteis con motivos geométricos. Nas pilastras apoia un arco de medio punto con moldura exterior e adornado con rombos e frechas. Nas columnas apoia outro arco en forma de bocel. No tímpano unha moldura en arco cobre o adorno dunha cruz de Trindade e o anagrama mariano. Unha ampla cornixa en ángulo e un óculo moldurado rematan esta parte inferior do conxunto central.
Os muros laterais presentan contrafortes e en cada tramo unha fiestra de medio punto con derrame cara a fora.
Ten porta lateral tamén con arco de medio punto.

No interior destaca un mosaico da Virxe do Carme realizada en mosaico, cun marco irregular formado por unha moldura péŽtrea.
Nun lateral, sobre unha columna, aparece unha representación da Piedade.

No ano 1964 foi reformada interiormente.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (Páxina 54)
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/caldela.pdf
http://pdf.depontevedra.es/ga/103/fWauyaRccV.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0553710924
Lonxitude: -8.5679090023
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84