Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Caldelas de Tui (San Martiño)
Lugar: A igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
A igrexa parroquial de San Martiño foi construida no ano 1965.
Ten unha única nave de forma rectangular, con dúas capelas laterais que forman a cruz, e unha capela maior en forma de medio óvalo.
A fachada principal ao oeste está adornada cunha moldura en pedra que a percorre no seu contorno e debuxa un marco para resaltar a zona central onde se atopa a porta principal, rectangular e moldurada de forma similar. Enriba dela hai cinco ventanais rectangulares cubertos cun pequeño tellado a tres augas que apoia sobre unha cornixa similar á que percorre toda a parte exterior baixo o tellado.
No seu lado norte aparece a torre campanario,datada en 1766 e que formaba parte da antiga igrexa de época barroca que reemplazara á primitiva igrexa, de seguro que románica. De base cadrada e con remate almeado, esta torre ten 3 corpos. No segundo, sobre peaña, conserva a antiga imaxe do patrón, e por riba del a estera do reloxo. O corpo de campás abre a cada lado un oco de arco de medio punto con balaustrada de pedra. O remate é unha cruz latina tridimensional metálica. No lado norte hai unha pequena escaleira de acceso para a porta da torre. Entre esta porta e a outra pequena que dá acceso á nave, xunto á capela que se abre nese lado, hai catro ventanais rectangulares, de considerable altura, sobre os que se colocan outros máis pequenos. No lado sur ten a mesma distribución, pero sen a porta lateral.
No leste, a cada lado, hai unha porta de acceso a cada unha das sacristías.
A capela maior, máis baixa, coa súa forma ovalada, concibiese pensando nunha gran vidriera de cinco corpos. O tellado segue a forma circular e remátase cun pináculo piramidal.
No interior, accédese á nave a través dun gran cortaventos de madeira e cristal, situado baixo a tribuna, á que se chega por unha escaleira de caracol.
O piso é de pedra. As paredes laterais manteñen un zócalo de pedra ata a altura dos ventanais inferiores, e o resto enfuscado.
As capelas laterais levántanse cun chanzo sobre o piso da nave, e ábrense á nave cun gran arco. O chan é de pedra e as paredes enfuscadas. A teitume é de escaiola formando distintas bovedillas. O último tramo da nave, o correspondente ás sacristías, ten toda a parede en granito, e os ocos das portas moldurados.
Nas vidrieras da nave, catro a cada lado, aparecen representacións distintas mediante símbolos que nos mostran a Anunciación, San Xosé, a Virxe das Dores, o Año de Deus, a Eucaristía, a Resurrección, a Palabra e a Oración. Foron realizadas por Unión Cristalera de Vigo cando se fixo a construcción da igrexa.
No pórtico da entrada, nunha placa conmemorativa, podemos ler a seguinte inscrición:
“LA CONSTRUCCIÓN DE ESTE TEMPLO SE DEBE A LA DEVOCIÓN Y CELO DEL EXCMO. SR. D. JOSÉ LUCAS GALLEGO DIRECTOR DEL BALNEARIO Y CATEDRÁTICO DE MADRID, Y A LA PROTECCIÓN DEL EXCMO. D. MARIANO NAVARRO RUBIO MINISTRO DE HACIENDA.
FUE SOLEMNEMENTE BENDECIDO POR EL ECMO. FRAY JOSÉ LÓPEZ ORTIZ, OBISPO DE LA DIÓCESIS, SIENDO PÁRROCO EL RVDO. D. JOSÉ MALLO COSTAS.
EL PUEBLO AGRADECIDO, LES DEDICA ESTE RECUERDO PARA PERPETUA MEMORIA.
CALDELAS DE TUI, 1967″
Segundo Ávila y la Cueva, a primitiva igrexa de Caldelas de Tui estaba preto da desembocadura do Caselas no río Miño, nun lugar denominado Iglesia vieja. No ano 1615, para facer a obra de alargamento do corpo da igrexa, faise un concerto entre o Mestre canteiro Gonzalo Pérez e o abade, que ten representación do Bispo Valdemora; e dito documento asínase o 8 de setembro.
No ano 1672 comeza a tramitación para a construcción dunha nova igrexa no lugar actual. A obra da mesma contrátase a Domingo de Castro, veciño de Santa María de Taboexa e Mestre canteiro, segundo consta nun documento de 6 de xuño dese ano. As obras rematarán en 1674 conforme a inscrición que se conserva entre os perpiaños da fachada actual.
En 1719 resconstruese parte do templo.
A torre foi construída no ano 1766, inicialmente en forma de espadaña e dunha soa campá. Conservouse con modificacións para a igrexa actual.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (Páxina 49)
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/caldela.pdf
http://pdf.depontevedra.es/ga/103/fWauyaRccV.pdf
http://caldelasdetui.blogspot.com.es/2006/01/viaje-al-pasado_29.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.060202371Lonxitude: -8.56368452311
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84