Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Boqueixón / Santiago (comarca)
Parroquia: Lamas (Santa María)
Lugar: A Eirexe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O cruceiro álzase sobre unha plataforma de tres chanzos cuadrangulares, feitos de perpiaños e de acabado moi irregular, que contrasta coa profusa decoración do varal. A base é cúbica, e con aresta superior rebaixada, de onde arranca o fuste con decoración vexetal, a todo o seu longo, e cunha moldura que o percorre de forma helicoidal. Remata en colar que dá paso a un capitel de base cilíndrica, e de esquinas remarcadas con pequenas volutas, cunhas figuras nas catro caras, moi gastadas pola erosión. A cruz é de sección circular e con nós, coa figura de Cristo, e polo reverso unha Virxe da Piedade. As figuras da cruz tamén están moi erosionadas. Está rodeado de postes do tendido eléctrico que afean a súa contorna.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BOQUEIXON/documents/0077CA006.pdf
(pax 3 de 8 do doc. pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8454504667
Lonxitude: -8.44522476196
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84