Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Lugo
Parroquia: Pedreda (San Vicenzo)
Lugar: San Cibrao
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Necrópole situada na contorna do hospital “Lucus Augusti” de Lugo. Dos oito enterramentos dos que se compoñía a necrópole, só quedan cinco en desigual estado de conservación e gravemente afectados polas obras do citado hospital, aparcamentos e viais que, literalmente, cortaron o cemiterio megalítico. Todos os túmulos, agás un, carecen, a simple vista, de cámara funeraria. As súas dimensións oscilan entre os doce e os vinte metros de diámetro. O que presenta cámara, cun esteo desprazado por riba da mámoa, está a ser utilizado como vertedoiro do lixo, e nas inmediacións acumúlanse cascallos. As tres mámoas que faltan, a pesares de estar catalogadas, foron destruídas.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: EquipamentoInfraestruturaOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mamoas-e-antas-de-galiza.html

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LUGO/documents/27519ca007.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

As obras do hospital “Lucus Augusti” e outras infraestruturas que se crearon ao seu redor, ademais de arrasar con tres mámoas que desapareceron, descontextualizaron a necrópole. Ademais da nula posta en valor, algún túmulo está a ser utilizado como vertedoiro do lixo. Xunto outra mámoa fixeron unha explanación onde aparcan os coches.


Onde está localizado

Latitude: 43.0214666068
Lonxitude: -7.52855300903
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84