Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cerdedo
Parroquia: Folgoso (Santa María)
Lugar: Cachofés
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro de granito obra de Ignacio Cerviño Quinteiro.
Consta dunha plataforma cadrada de tres amplos chanzos. O baseamento cúbico son arestas superiores redondeadas amosa un retablo por cadansúa cara. Labradas en altorrelevo atopamos as seguintes escenas: No anverso, Adán e Eva amosando a vergoña da súa nudez; na beira dereita, dúas figuras enroscadas por serpentes; no reverso, un home (con perdas de volume na cabeza e nos brazos e parcialmente nunha perna) loitando cunha serpe; e na beira esquerda, un serpe enroscada nunha planta.
O varal e cilíndrico amosa a figura de Santo Antón abade na altura media, e un capitel composto con querubíns entre as volutas angulares sobre o plinto cóncavo. A súa labra esta realizada moi polo miúdo. Preséntase fragmentado cunha gran perdida de volume no reverso.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Rodríguez Fraiz, Antonio. “Canteiros e artistas de Terra de Montes e Ribeiras do Lérez” Pontevedra: Comisión de cultura da Excma. Diputación, 1982. ISBN: 84-300-8284-0
Solla, Calros “A labra precursora de Ignacio Cerviño” [en liña] Faro de Vigo, 07-10-2012 [Consulta: 30-03-2014] Dispoñible en: http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2012/10/07/labra-precursora-ignacio-cervino/692753.html
Solla, Calros “Capitán Gosende efectúa a limpeza do Cruceiro do Pego” [En Liña] O Embigo do Becho, 7/10/12 [Consulta: 30-03-2014] Dispoñible en: http://oembigodobecho.blogspot.com.es/2012/10/capitan-gosende-acomete-limpeza-do.html
Ministerio de Educación Nacional “Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico.” BOE, 30-03-1963. nº 77. páginas 5363 a 5363
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Situado nun mato, acostuma a estar cuberto de maleza e plantas enraizantes que causan unha perda de cohesión nas pedras da plataforma.
Onde está localizado
Latitude: 42.5454332721Lonxitude: -8.36083173752
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Xul 31, 2021
Engado as seguintes referencias web sobre este cruceiro:
https://cruceirosdegalicia.xyz/360110401.html
https://www.tabeirosmontes.com/novas/esmoleiros-e-petos-de-animas-de-cerdedo-iv
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html