Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: O Bolo
Parroquia: San Martiño (San Martiño)
Lugar: Barxa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Consta de dúas edificacións emprazadas paralelamente na beira esquerda do río Xares a altura do pobo de Barxa. Cada muíño consta dunha grande balsa, da cal xa non temos visos das canles de abastecemento.
O muíño emprazado máis preto do río consta de muros de cachotería de granito, estando o muro sobre da boca do inferno feito en ladrillo. e en madeira unha xanela. O piso interior e de madeira e inda conserva a maquinaria no interior aínda que en moi mal estado. A edificación está rematada nun teitume a dúas augas de carpintería de madeira e lousa de xisto.
O outro muíño, situado preto ao anterior, está parcialmente derrubado e non conserva a maquinaria. Un dos laterais está feito en muro palla.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.345980748
Lonxitude: -7.08471179008
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84