Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Forcarei
Parroquia: Madanela de Montes, A (Santa María Madanela)
Lugar: Rúa Real, Soutelo de Montes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro con plataforma de planta cadrada de dous chanzos rematados cun bocel prominente. O baseamento é de perfil rectangular e está rematado nunha moldura de gola. O varal é de planta cilíndrica cunha rede, de doce columnas, labrada en toda a súa superficie. Capitel de collarino circular con astrágalos baixo volutas angulares e querubíns entre elas superpostos aos ábacos convexos.

A cruz é de arestas acanaladas con remates potenzados e dúas rodelas concéntricas labrados nos estremos dos brazos da cruz. No anverso, Cristo crucificado baixo cartela de INRI, coas costas lixeiramente separadas do pau da cruz. Ten unha labra esquemática con peito plano, ollos en forma de améndoa, costelas definidas mediante incisións paralelas. O pano de pureza é curto e está amarrado a esquerda. No reverso, imaxe da virxe en aptitude orante erguida sobre un querubín. Tamén de labra xeometrizante.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Rozados, Francisco. “Cruceiros, cruces, petos e monumentos funerarios no Concello de Forcarei”. Forcarei: Revista Cotaredo 2002. Nº V. p. 99


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5343819742
Lonxitude: -8.30082803965
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84