Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: Casalvito
Outra denominación do ben: Cruceiro do Lugar do Monte
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro desprazado dende o seu lugar orixinal por mor do asfaltado da estrada e das rúas do lugar. A dona da finca veciña cedeu a esquina da finca para a colocación do cruceiro.

Consta dunha planta cadrada de dous chanzos de arestas redondeadas. Baseamento de perfil rectangular con inscrición no anverso moi desgastada:

EST. CAMBRO
LO IZO MANUEL PAS

VERETIFICADO POR
ANDRES SOTO Y PAS
AÑO DE 1853

A data non se corresponde coa ano de fabricación senón cun arranxo posterior. Na faceta superior atopamos cazoletas ou coviñas distribuídas de forma regular de tres en tres en cada esquina. No son moi profundas e de corte redondeado e suave.

O varal é de planta cadrada no seu primeiro terzo e de planta octogonal no restante. Na altura media atopamos un santiño moi erosionado de atributos non discernibles. O varal semella estar feito noutro tipo de granito que o resto.

O capitel é dunha feitura rústica con collarino circular, fascia lisa e volutas angulares con querubíns no centro superpostos parcialmente ao ábaco. Non hai caveira sobre tibias.

A cruz é de arestas rebaixadas con remates de sección cadrada. Cristo crucificado no anverso cunha labra tosca. O seu brazo dereito está desencravado a apoiase en San Francisco que se atopa en actitude orante á súa beira. No reverso, temos a virxe na súa advocación do Socorro. A Virxe sostén ao neno Xesús na seu brazo esquerdo, mentres que co dereito erguido sostén un pau para escorrentalo diaño que permanece aos seus pes na mentres que un meniño fuxe del trepando pola saia da virxe. A escena ten unha labra que poderiamos describir como caricaturesca pero non por elo exenta de frescura.

A Conxunto amosa unha perda de volume no brazo da virxe.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Fernández de la Cigoña Núñez, Estanislao “Cruces, cruceiros e petos do Concello de Poio” Mos: AGCE, 2007. ISBN: 978-84-87904-57-8. p 109-111


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4371503429
Lonxitude: -8.69972079992
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84