Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Combarro (San Roque)
Lugar: Xuviño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de plataforma de planta cadrada de tres chanzos cubertos parcialmente pola ampliación e asfaltado da estrada. O baseamento é cúbico coas arestas superiores rebaixadas e unha inscrición no anverso:

SE I. I P. PICINO ALA
LLO I SU ERMANO
AÑO 1797

(Se fixo e pintou por Picino Alallo e o seu irmán. Ano 1797)

O varal e cilíndrico e de anchura uniforme rematado nun capitel de collarino circular e voluta angulares con querubíns entre elas excepto no anverso, beira na que atopamos unha caveira sobre tibias.
A cruz é de corte circular con espiñas ou nos. No anverso, Cristo baixo cartela de INRI de labra polo miúdo e ben proporcionada, brazos paralelos aos da cruz, cabeza erguida mirando a súa dereita e coroa de espiña un pouco desmesurada. Pano de pureza moi curto amarrado a dereita. No reverso, a Virxe das angustias ou piedade sobre a cabeza dun querubín. A virxe viste hábito cunha ampla túnica que cubre ata os pés. O corpo de Cristo, proporcionalmente máis pequeno, descansa no seu colo mentres ela sostén a súa man dereita e a súa cabeza. A man esquerda do Cristo colga esmorecida.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Fernández de la Cigoña Núñez, Estanislao “Cruces, cruceiros e petos do Concello de Poio” Mos: AGCE, 2007. ISBN: 978-84-87904-57-8. p 55-56


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4400043276
Lonxitude: -8.70718571574
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84