Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: Rúa Sartal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruz destinada ao alto dun portal. Consta dun baseamento con dúas molduras (filete e toro) na base, unha parte en forma de pirámide truncada con arestas rebaixadas e rematada nunha moldura moi prominente sobre a que se ergue unha cruz latina con imaxinería.
Na parte frontal, temos un epígrafe toscamente labrado e pouco lexible:
ESTA OBRA
A LA X.—
MA ——–
Cº—
No anverso da cruz, temos un Cristo toscamente labrado en relevo sobre a cruz. Pernas separadas entre si, rostro e cabeza sen detalle, sen coroa de espiñas; e pano de pureza moi curto amarrado a dereita.No reverso, a Virxe María en aptitude orante, cuberta por unha ampla túnica.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Fernández de la Cigoña Núñez, Estanislao. “Cruces, cruceiros e petos do Concello de Poio” Mos: AGCE, 2007. ISBN: 978-84-87904-57-8. p 132-133.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4575142984
Lonxitude: -8.68619441986
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84