Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Ribadeo
Lugar: Ribadeo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A Torre dos Moreno é unha casa de indianos de aire elegante e moderno. Foi construída entre 1914 e 1915 polos irmáns Juan e Pedro Moreno y Ulloa, seguindo os deseños do arquitecto Arxentino Julián García Núñez, discípulo de Antonio Gaudí. Con clara inspiración na catalá Casa das Punxas. Naquel tempo a Torre dos Moreno espertou a admiración de veciños e visitantes, non só pola súa sofisticación senón tamén por constituír una proposta innovadora ao estar construída por formigón vidro e ferro forxado. O tellado que mantén a cúpula ábrese como os típicos de contos de fadas ó estilo centroeuropeo, do mesmo xeito que o resto de tellado visible, que coinciden co vixente a principios do século XX en Cuba, lugar de emigración dos seus primeiros propietarios. Conta con diversos adornos, como alicatados, mármores, vidreiras, grecas, tellado con tellas de porcelana (cerámica vidrada) de cor vermella ou pilastras. A cúpula da torre principal está mantida por catro cariátides. A planta ten 950m², e o solar, 1050m². Sen dúbida ningunha trátase de una edificación insólita, de tres fachadas distintas na que sobresaen os elementos modernistas e cúpula ornamental que remata a torre. Declarado Monumento polo Decreto 104 de 17/04/1997 publicado no DOG do 08/05/1997.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.ribadeo.org/actualidade/nova.php?id=37&lg=gal


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A Torre dos Moreno vai atravesar un proceso de restauración que vai afectar á súa estrutura e á súa cuberta.


Onde está localizado

Latitude: 43.53647829893161
Lonxitude: -7.039580941200256
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84