Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: Vilariño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Muíño de herdeiros, e dicir, que había varias familias con dereito a uso do muíño que se repartían en horas ao longo da semana. Sitúase na beira dereita dun regato cunha canle de abastecemento que colle a auga máis arriba e que no seu tramo final, salva o desnivel do chairo por medio dunha canle labrada en dous tramos de cantería de granito sostidos no aire por un piar. A canle desemboca nun cubo paralelepípedo de grosos muros. A edificación do muíño e de planta rectangular de muro de cachotería e teitume de tella a unha auga con penales de cantería. Pola beira longa que mira ao regueiro, temos a boca do inferno e enriba unha pequena bufarda vertical. A cabeza do muíño, onde se atopa a porta, está pola beira estreita que mira regueiro abaixo onde atopamos un pousadoiro a esquerda do muíño. Non hai inscricións.

O muíño caeu en desuso a mediados da década dos 80 ficando pronto arruinado. Foi restaurado en torno ao 2006, momento en que a moa foi rota e substituída por outra nova. Hoxe non ten actividade.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4611865669
Lonxitude: -8.68375125557
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84