
Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Salcedo (San Martiño)
Lugar: Birrete
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Muíño pola beira de atrás do castro. Deixouse de empregar hai dez anos (1995) cando non había quen picara a roda. Restaurado este ano polos mesmos herdeiros do muíño e co apoio da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo así como do Concello de Pontevedra. Os herdeiros acudían durante este inverno de 2014, os domingos pola mañá a limpar e rozar o entorno, acondicionar os accesos e a reparar a cuberta e a canle do muíño.
O muíño responde ó esquema tradicional, planta rectangular estando os seus lados menores paralelos ó regato do Batán. A porta de entrada atópase pola beira menor oposta ó regato, a carón dela, na súa beira esquerda podemos ver un pousadoiro sobre o cal aínda poderemos ver unha pedra baixo a cal escondían a chave da porta. Nas beiras maiores do muíño atopamos a canle cuberta que trae a auga do río dende uns 20 metros a través dunha canle de abastecemento. Pola outra beira atopamos a boca de inferno cun rodicio de fundición e, enriba, unha xanela rectangular. No interior, podemos mirar a pedra de moer coa súa moa e así como outro pousadoiro. O muíño esta de novo axeitado para volver a moer.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“Os muiños do Batán danse a coñecer unha vez rematada a posta en valor do seu entorno” Pontevedra Viva!com, 02-10-2013 [Consultado en: 06-04-2014] Dispoñible en: http://pontevedraviva.com/xeral/7506/muinos-de-batan-danse-conecer-rematada-posta-valor-entorno/?lang=gl
Torrado, Diego “Veciños de Salcedo comezan a recuperación dos muiños do Batán” Pontevera Viva!com, 13-10-2013 [Consultado en:06-04-2014] Dispoñible en: http://pontevedraviva.com/xeral/7728/vecinos-salcedo-comezan-recuperacion-muinos-batan/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3972483714Lonxitude: -8.65140080452
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





Últimos comentarios