Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Salcedo (San Martiño)
Lugar: A Armada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

É un muíño de canle cuberta que recolle a auga a través dunha canle de cantería de granito de grandes bloques a uns 30 metros. O cubo vai protexido por unha grade de fundición. Os muros están feitos con grandes bloques traballados de granito e inda se reaproveitou nos muros dúas rodas de muíño. É de planta rectangular sendo as beiras menores paralelas ó regato do Batán. A porta atopase pola beira oposta ó regato. No interior vemos o tremiñado separado do resto do espazo interior por un peitoril baixo cun piar baixo no que vemos unha roda en madeira coa que se controla altura da moa para moer máis fino ou máis groso.

Os elementos da maquinaría de rotación visibles están feitos en carpintería de madeira, namentras que os ocultos que permiten abrir a biqueira para que o caudal mova o rodicio ou controlar a altura da moa foron refeitos en carpintería de aluminio.

Muíño de herdeiros, restaurado de renovado polos mesmos herdeiros no ano 2013. Os actuais herdeiros inda fan uso deste muíño.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3933679065
Lonxitude: -8.65611881018
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84