
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande, Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Vigo
Parroquia: Bembrive (Santiago)
Lugar: Mosteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificio rectangular do 1913, de dúas plantas construído a base de cadeirado granítico de boa factura, con tella do a dúas augas con tella do país. Esta edificación foi feita co diñeiro e o traballo de tódolos veciños da parroquia de aquel tempo.
Na súa fachada destaca a presenza dun reloxo.
A fundación da Sociedade de agricultores de Bembrive data de maio de 1900, aínda que non tiveron edificio social ata 1913. A súa labor principal era a axuda ao campesiño, dende a educación nas labores agrícolas ata a función como provedor de produtos para o campo como sementes, estrumes, sulfatos, xofres, etc.
Co paso do tempo deixou de lado a súa función de apoio ao campesiñado, para enfocar as actividades máis cara ao ámbito político, véndose absorbida polo Agrarismo, movemento político-social o cal tiña como obxectivo principal a redención foral.
No edificio tamén residiu a Sociedade Cultural “Helios” de Bembrive e a súa escola. Pero no 1936, con motivo do alzamento nacional, desaparece toda actividade.
Dende os anos 50 e ata hoxe o local ven sendo sede social da Entidade Local Menor e ata o 1996 da dita Sociedade Cultural.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: EquipamentoInfraestruturaOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
En tempos existiu na fachada do edificio un pequeno baixo relevo no que se podía observar a dous bois arando un campo axudados por dous labradores, que simbolizaba o espírito do edificio e dos seus creadores.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.cchelios.com/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2046264039Lonxitude: -8.68779569864
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




