
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Guntín
Parroquia: A Mota (Santo Estevo)
Lugar: A Mota
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Fundado no século IX polo conde de Lugo Ero Ordoñez, pasou logo a Don Arias, conde de Monterroso, que tivo como herdeira á súa filla Elvira Ulloa Ribadeneira. En tempos do rei Xoán II era señora da Mota Tareixa García de Baamonde e Montenegro. No ano 1612 pertencía aos bispos de Lugo. Convertido en casa de labor, conserva parte do recinto, unha torre e un torreón en forma de cubo. A torre da homenaxe atópase truncada na súa parte alta e sen ameado, cuberta na actualidade cun tellado a catro augas en lousa. Entre a muralla e a fortaleza ábrese un patio que actuaba como foxo. Segundo Boán, foi destruído durante a Revolta Irmandiña, feito que non figura no foro outorgado polo bispo García de Valdemora, e si que estaba mal coidado polo que había que reedificalo. No Museo Provincial de Lugo gárdase unha cadea de ferro que puido corresponder á ponte levadiza ou como cadea de asilo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castelos-de-galiza.html
Http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA004.pdf
http://requiempatrimoniogalicia.blogspot.com.es/2013/11/castelos.html
Manuel Vázquez Seijas: “Fortalezas de Lugo y su provincia” (1955-1973)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8781655339Lonxitude: -7.55009651184
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




