Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Betanzos
Parroquia: San Martiño de Bravío
Lugar: Brabío
Outra denominación do ben: San Martín de Bravío / San Martín de Brabío
Cronoloxía: Época Altomedieval, Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Iglesia típica do estilo rural galego. Atribúeselle unha cronoloxía do século XII a todo o conxunto (menos a fachada, posterior) aínda que hai referencias textuais da súa existencia xa no S.X.
Edificio sinxelo, dunha soa nave cuberta de bóveda de canón, arcos apuntados e ábsida rectangular. a súa fábrica é de sillería de granito.

A súa portada é de doble arco apuntado. Na parte inferior do timpano, que é liso, vense restos dunha inscripción ilexible, sobre dúas mochetas coa representación do bon pastor. Sobre a ventá de aristas rebaixada ten unha espadaña de dous vanos, que coroa a fachada frontal.
Na fachada lateral dereita ten dous estribos e dous canecillos xeométricos. Tiña tamén un corpo adosado que foi eliminado na última restauración. Na cabeceira ten dous estribos e canecillos de rollo.
Na fachada lateral esquerda volve a presentar dous estribos e canecillos con figuras humanas.

No interior destaca o arco de entrada ao presbiterio, de medio punto dobre, con decoración de billetes entre as dúas ringleiras de dovelas. Apoyase o arco en dúas columnas adosadas, de capiteis con follas de acanto rematadas en bocas, e entre o capitel e o fuste, un sogueado.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O muro de contención do atrio, na súa cabeceira, veuse abaixo a finais do 2010. Pero fixeronse un novo muro de contención de terras para que non afectase á igrexa.


Onde está localizado

Latitude: 43.266518694471905
Lonxitude: -8.20004940032959
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84