Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida, Pazo / Casa Grande,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Salto
Lugar: Castromil
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A casa grande de Castromil ten unha forma arquitectónica bastante sinxela, ó estilo das casas poderosas soneirás. Dividida en dous corpos, ten a fachada mirando cara ó leste. Os muros están compostos na maior parte de bloques de sillería de granito e manpostería noutros lenzos da parede. Ten cuberta a dúas augas, e o tellado está feito de tella. Pola súa fachada corre unha hedra que lle dá un toque característico.
A capela de Santo Antonio de Castromil ten a orientación tradicional, cabeceira cara ó leste e fachada ó oeste. Foi fundada no 1758 por Domingo Antonio López de Miranda e Isabel de Pazos, fidalgos que vivían daquela no pazo. De estilo barroco, garda a súa parte artística máis interesante na espadana con dous pináculos rematados en bóla e unha campá no medio dun arco de medio punto. O resto da arquitectura é bastante austera, non sendo por algún acroterio máis, e polo seu pórtico lateral aberto cara ó norte.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior gárdanse as imaxes de Santo Antonio e de San Ramón. Este último ten a súa festa en agosto.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
LEMA SUÁREZ, X. Mª: «A arte relixiosa na Terra de Soneira». Coordenadas/Neria/U.dos V., Santiago 1998.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1334330654Lonxitude: -9.0057259798
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84