
Outra fotografía:
Tipo de ben: Hórreo, Eira,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Salcedo (San Martiño)
Lugar: A Carballeira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A paneira, nome que reciben os hórreos nesta parroquia, pertencen ao pazo de Gandarón que Frei Sebastián Malvar, bispo de Buenos Aires, mandou construír trala súa volta a España cando se converteu en arcebispo de Compostela, no século XVII.
A Paneira é bastante ancha para a súa tipoloxía e de gran altura. Conta con once pares de esteos, oitavados de base ancheada, que se elevan sobre un baseamento cadanseu. Sobre estes un mo ou tornarratos circular coa superficie superior convexa que sustentan a cámara da paneira elevando a mesma 2,10 metros sobre o chairo.
O acceso a cámara realizase por dúas portas na parede menor, testeiro, e na parte media do costal formado por dúas series de bufardas verticais e duas horizontais na parte superior en cada tramo. O teitume é a dúas augas en carpintería de madeira e tella do país. Unha cornixa recorre todo o seu perímetro. Nos extremos e enriba dos pinches, penales rematados cunha cruz e o outro cunha pirámida.
Non ten pantín exterior polo que o acceso a cámara realízase mediante unha escaleira de man.
A cámara conta con 21,85 metros de longo por 2,14 m. de ancho e 2,15 de alto. Dispoñendo dunha superficie de 46,75 m².
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Caamaño Suárez, Suárez “Galicia, As construccións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico” Santiago de Compostela: Hercules de Ediciones, 2003. ISBN: 84-96314. Páx: 324.
Martínez Rodríguez, Ignacio “El Horreo Gallego” Montevideo (Uruguay): Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1975. ISBN: 84-85728-00-9. Páx: 275.
Decreto 449/1973 de 22 de febrero por el que se colocan bajo la protección del Estado los “hórreos” o “cabazos” antiguos existentes en Asturias y Galicia. B.O.E. número 62, 13 de marzo de 1973.
Dispoñible en:https://www.boe.es/boe/dias/1973/03/13/pdfs/A05042-05043.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4049090267Lonxitude: -8.64476680581
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




